Primeiro móbil cando, como e baixo que condicións?

Primeiro móbil cando, como e baixo que condicións?

O vindeiro luns, 8 de abril, a Casa da Cultura de Fene acollerá a sesión “Primeiro móbil cando, como e baixo que condicións?”.

Para facilitar a asitencia das familias contamos, como xa ven sendo habitual nestas sesións, cun servizo de conciliación* que require inscrición previa.

HORARIO: de 18:00 a 20:00 horas
LUGAR: Casa da Cultura de Fene
DESTINADA A: todos os públicos, ANPAs, entidades sociais, familias e preadolescentes
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Mediante o código QR ou aquí

Ao longo da sesión abordaranse os seguintes aspectos:

  • Reflexionar como condicionan os móbiles nas familias.
  • A necesidade de normas para a súa utilización nas crianzas.
  • Pautas de actuación preventiva de cara a un desenvolvemento saudable.

Inscrición: As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.

*SERVIZO DE CONCILIACIÓN:
Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer dun tempo para acudir as sesións de familia, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.
A inscrición no servizo de conciliación:
• As familias interesadas si non o indicaron na folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
• O plazo para escribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.

Para calquera outra información dirixirse a:


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607