Xurxo Lobato presenta o seu libro “Rostros de la memoria. Ferrol 1972” en Fene 

Xurxo Lobato presenta o seu libro “Rostros de la memoria. Ferrol 1972” en Fene 

 
A Casa da Cultura de Fene acolle o xoves 18 de abril a presentación do libro Rostros da Memoria Ferrol 1972.
 
Será ás 19.00 h, nun acto no que contaremos coa presenza do autor Xurxo Lobato; o alcalde de Fene, Juventino Trigo e Susana Alaniz, presidenta da Asociación Cultural Fuco Buxán.
 
No acto; aberto á cidadanía até completar aforo; o autor conversará sobre o libro, protagonizado por trinta persoas fotografadas en branco e negro, que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras de Ferrol de 1972.
 
Actividade organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán coa colaboración do Concello.