Formación especializada en Alzheimer e Demencias
23-04-2024
O Curso “Formación especializada en Alzheimer e Demencias” será impartado pola entidade Afal a través dun un convenio suscrito ca Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. Será os días 7 e 9 de maio de 16.00 a 18.00 h na Casa da Cultura de Fene.
Esta formación está dirixida a veciñanza de Fene e especialmente recomendada para familias e coidadores/as non profesionais de persoas que padecen Alzheimer ou outra demencia, ou dependentes en xeral.
A acción formativa se impartirá en dúas sesións de dúas horas lectivas:
• A primeira sesión estará dirixida por persoal técnico do Equipo Terapéutico Interdisciplinar de Afal (logopeda, psicóloga, educadora social,...), onde se abordará a sintomatoloxía e os sinais que poden anticipar un deterioro cognitivo, a descrición de como adoitan cursar as demencias centrándose principalmente nas distintas fases do Alzheimer, nas terapias non farmacolóxicas que poden retrasar a súa evolución e na comunicación coa persoa afectada.
• A segunda sesión estará dirixida por algunha das Terapeutas Ocupacionais que forman parte do Equipo Terapéutico Interdisciplinar de Afal. Nela se abordarán dun xeito moi práctico: a facilitación das actividades básicas da vida diária (ABVD) para promover a máxima autonomía persoal na persoa com demencia, as mobilizacións e transferencias da persoa dependente, as mellores posturas para previr problemas circulatorios e cutáneos derivados do encamado/a e os materiais existentes para previr esa problemática. Tamén se abordarán as técnicas para mover, cambiar de lugar e sentar á persoa dependente de maneira que non haxa ningún tipo de lesión nin no/a enfermo/a nin no/a coidador/a.
O contido formativo é o seguinte:
1. Abordaxe terpéutico nas demencias:
• Definición
• Tipos de demencia
• Sintomatoloxía
• Tratamento
• Comunicación coa persoa afectada
• Mesa redonda
2. Autonomía persoal, mobilizacións e transferencias
• Facilitación da independencia nas AVD
• Hixiene postural
• Mobilización e transferencias
• Sedestación
• Posicionamento na cama
• Obradoiro práctico
As inscricións poden facerse ata a data de inicio nos seguintes teléfonos:
Servizos Sociais de Fene, Tlfn. 981 342 607