Abordaxe de conflitos desde a educación emocional
26-04-2024
Os centros escolares de Fene están a participar en obradoiros de abordaxe de conflitos desde a educación emocional . Obradoiros enmarcados no proxecto de prevención de conductas adictivas e realizado conxuntamente cós concellos de Neda e Mugardos. O obxectivo deste programa é formar e sensibilizar ao alumnado e as familias na prevención e resolución de conflitos para resolvelos de xeito sa e respetuoso tomando como base a educación emocional.
Ao longo das sesións trataranse contidos relacionados co establecemento de regras e creación de espazos de confianza:
- Definición de emocións e actividades prácticas para identificalas, asi como reflexións grupais sobre situacións emocionais comúns na adolescencia.
- Introdución a estratexias de regulación.
- Discusión de casos prácticos.
- Xogo de roles para prácticar a empatía.
- Técnicas de comunicación efectiva.
- Creación dun “plan de acción emocional”.
Os obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030 que se están a traballar a nivel local nesta actividade son o número 3 relacionado ca saúde e o benestar, e o número 4 que está relacionado cunha educación da calidade.
Como complemento do programa escolar ofertase as familias no ciclo” Acompañar no reto de educar” o luns día 29 de abril ás 18:00 na casa da cultura a sesión adicada a reflexionar sobre esta temática.
Para calquera información dirixirse a: no centro municipal de Servizos Sociais do concello de Fene a través da Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Actividade subvencionada pola Consellería de Sanidade