Aberta a inscrición na sesión para familias no ciclo Acompañar no reto de educar
26-04-2024
A resolución de conflitos desde a educación emocional abordarase o vindeiro luns, 29 de abril, nunha nova sesión do programa de apoio ás familias e de prevención de condutas aditivas que organizan os Servizos Sociais de Fene a través da agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda. A actividade, complementaria aos obradoiros que se se están a realizar nos centros de ensino, desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura, de 18 a 20 horas, e vai dirixida a todos os públicos, Anpas, entidades sociais, familias e preadolescentes. Inscricións (até completar o aforo) no seguinte enlace.
Ap longo da sesión os contidos a tratar son:
• Conflitividade na adolescencia actual: normalización da hostilidade nas relación entre iguais.
• Estatexias de xestión de conflitos na adolescencia.
• Regulación emocional e resolución de conflitos.
Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer dun tempo para acudir as sesións, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.
A inscrición no servizo de conciliación:
• As familias interesadas si non o indicaron na folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
• O plazo para inscribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.
As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas grupais. Nas sesións recolleránse todas as cuestións que se platexen e tratarase de dar resposta as mesmas.