O ciclo Acompañar no Reto de Educar abordará o vindeiro luns o malestar físico e emocional nos/as adolescentes

O ciclo Acompañar no Reto de Educar abordará o vindeiro luns o malestar físico e emocional nos/as adolescentes

A Casa da Cultura de Fene acollerá o vindeiro luns, ás 18.00 horas, unha nova conferencia no marco do programa familiar “Máis ca un teito” que promove a agrupación de Concellos de Fene, Mugardos e Neda, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Nesta ocasión, o tema a tratar será o “Malestar físico e emocional nas/os nenas/os e adolescentes. Sinais de alerta e sintomatoloxía”, abordándose cuestións coma os síntomas psicosomáticos e dores asociadas, enfermidades físicas, riscos de sobreprotección, autolesións e pautas de prevención. A charla vai dirixida a todos os públicos, ANPAs, entidades sociais, familias e preadolescentes e a entrada será libre e de balde.

Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer de tempo para asistir á conferencia, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo. As persoas interesadas en solicitalo deben contactar cos Servizos Sociais de Fene (r/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo, San Valentín-Fene. Teléfonos 981492706 ou 981342607).

Acompañar no reto de educar é un programa de apoio ás familias na súa labor educativa cas crianzas. É un espazo en familia onde se informa, reflexiona e comparte coa finalidade de evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.