Non pasa nada, pasa algo
14-05-2024
Mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada, debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos. É o principal obxectivo do programa "Non pasa nada, pasa algo?" que botou a andar a semana pasada no IES de Fene. Organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, coa colaboración dos Concellos de Neda e Mugardos (cos que está a desenvolver un proxecto de prevención de condutas aditivas, financiado pola Consellería de Sanidade).
"Non pasa nada, pasa algo?" pretende informar á mocidade para axudar a entender as características xerais do fenómeno das adiccións con substancias e comportamentais (alcohol, cannabis e ludopatías), as súas implicacións na sociedade e os riscos que conlevan as adiccións, así como a axudar a desterrar prexuízos". A nivel familiar, o obxectivo do programa é "informar e apoiar ás familias dos menores, orientando en situacións de dificultade, mediante espazos familiares" e "promover nas familias dos menores en situación de risco, un incremento das habilidades de xestión, comunicación e negociación familiar con intervencións personalizadas".
A poboación destinataria deste programa é o alumnado de 1ª FP Básica e 1º de ciclos medios do IES de Fene, ao que se lle ofrece "manexar unha información obxectiva e veraz que lle axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas".
Datas de realización:
• IES Fene: 10,13,24 e 27 de maio.
Nº de alumnado participante: 95
A sesión é impartida por unha técnica de ASFEDRO e a coordinadora do programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal