Últimos días para apuntarse á I Milla Popular Interxeracional
20-05-2024
A Concellería de Deportes amplía até o venres 23 de maio, ás 14.30 horas, o prazo de inscrición para a I Milla Popular Interxeracional que se celebrará o vindeiro domingo en San Valentín e na que poderán participar persoas de todas as idades, a partir dos 3 anos. As inscricións son de balde e poden formalizarse presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes, en Avda. Naturais, núm. 44, entrechán, Fene, ou por correo electrónico, enviando a ficha de inscrición (individual, menores clubs e colexios ou maiores clubs) a cultura.deportes@fene.gal. Tamén se recollerán de xeito excepcional inscricións individuais o mesmo día da carreira de 9:30 a 10:30 horas.
En canto á retirada de dorsais, o Concello de Fene establece as seguintes datas e horarios:
. As persoas/centros que se inscriban antes do xoves 23 de maio ás 23.59 h, poderán recoller os dorsais o venres 24 de maio no Salón de Plenos do Concello de Fene de 17:00 a 20:00 horas; o sábado 25 de maio na tenda de deportes Decathlon de Ferrol (sección atletismo) de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas; ou o domingo 26 de maio, de 9:30 a 10:30, h. na zona de saída das carreiras.
. As persoas/centros que se inscriban o venres 24 de maio (antes das 14.00 horas), poderán recoller os dorsais o sábado 25 de maio na tenda de deportes Decathlon de Ferrol (sección atletismo) de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas; ou o domingo 26 de maio, de 9:30 a 10:30, h. na zona de saída das carreiras.
As carreiras comezarán o domingo as 11.00 horas na Avenida do Mar de San Valentín e paseo marítimo aínda que, no caso de choiva, as de categorías escolares (desde prebiberón 1, aula de 3 anos, ata cadete, aulas de 3º e 4º da ESO) traladaranse ao pavillón da Xunqueira, manténdose o resto de carreiras no circuito exterior (categorías sub 23, Senior e Máster).
Segundo informa a Concellería de Deportes, as distancias a percorrer nesta I Milla Popular Interxeracional variarán segundo as idades e categorías dos participantes, oscilando entre os 50 e os 800 metros, nas carreiras escolares, e a milla (1600 metros) que correrán as persoas que se inscriban nas novas categorías, a partir de Sub-23.
A duración estimada total das carreiras será de dúas horas, comezando a proba polas categorías inferiores e rematando pola categoría máster, a de participantes con maior idade.
Como novidade, con respecto á Milla Escolar tradicional que organizaba a Concellería de Deportes en anos anteriores, todos os participantes en idade escolar recibirán medallas (non haberá trofeos para os primeiros clasificados). E nas carreiras con maior participación, formaranse grupos reducidos que sairán en diferentes quendas para evitar aglomeracións e posibles caídas.
En canto ás carreiras de maiores, tal e como se indica nas bases, entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría, a partir de Sub23. Ademais, haberá trofeos para o campión e para a campioa absolutos da Milla.
Máis información na páxina web do Concello de fene: www.fene.gal ou no teléfono do Departamento de Cultura e Deportes: 981 34 03 66 ou 607 615 962.