Listaxe de nenas e nenos admitidos no Verán Máis Alá! 2024
11-06-2024
Unha vez aplicados os criterios de baremación establecidos nas bases, a Concellería de Cultura de Fene vén de adxudicar as 130 prazas do campamento lingüístico e de conciliación Verán máis alá! As nenas e nenos que non obtiveron praza, quedan en lista de agarda. No caso de que se produzan baixas trala publicación da listaxe, contactarase coas familias suplentes para cubrir todas as prazas.
Tal e como especifican as bases de matriculación, nos listados inclúense os números de rexistro da orde de inscrición que se facilitou ao efectuar a matrícula (nas presenciais) e o número de rexistro de entrada na sede electrónica (no caso das solictudes telemáticas) coas iniciais da persoa admitida ou en lista de agarda.
No caso de que se produzan vacantes, logo de publicar a listaxe, o Concello de Fene contactará, seguindo a orde de baremación, coas persoas suplentes mediante chamada telefónica. Realizaranse 3 chamadas entre as 09.00 e as 14.00 horas. De non contactar coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na lista de agarda.
A partir do mércores día 12 de xuño, enviaranse as cartas de autoliquidación para as persoas admitidas. O prazo para aboar a cota será do 14 ao 20 de xuño de 2024.
O custe da actividade ascenderá, para todo o mes, a 68,15€/participante (36,70 € para o segundo membro da unidade familiar) e, por quincena, a 34,08 €/participante (18,35 € para o 2º membro da unidade familiar). En casos de situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo acceder gratuitamente a esta actividade. As persoas interesadas en acollerse a este suposto, deberán solicitalo mediante escrito polo rexistro xeral do Concello de Fene, pero deberán formalizar igualmente a matrícula e o pagamento da cota nos prazos fixados.
Máis información no Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene) ou no teléfono 981 340 366
.