O revolution Xuventude vai de acampada

O revolution Xuventude vai de acampada

Tal e como vimos informando neste mesmo medio, o concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa REVOLUTION XUVENTUDE, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Programa que xa foi presentado á rapazada nos centros escolares e que como continuidade organiza un campamento a finais de xuño para a mocidade.

Esta actividade forma parte de proyecto Revolutión Fene, que busca crear espacios e tempos nos que esta población poida realizar actividades que lles permitan disfrutar dun ocio constructivo. Ao mesmo tempo tamén lles axude a descubrir o seu potencial e explorar temas que lles interesen ou sexan importantes e de utilidade para o seu futuro buscando estratexias para mellorar a intelixencia emocional.

Os requisitos para a formación do grupo e realizar a acampada, é reunir un número mínimo de 8 participantes e un máximo de 20.

As prazas cubriranse por orde de inscrición

A quen vai dirixido?

O programa vai dirixido a rapazada con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos.

Canto tempo de duración?

O xoves 27 de xuño a partir das 11:00 e venres 28 de xuño ata as 12:00h.

 

Onde?

A acampada desenvolverase nas instalacións do ACRD O Pote e as actividades realizaranse no interior, exteriores e a contorna.

 

En que consiste o programa?

Facilitar a creación dun encontro cooperativo, no que a conexión co grupo axudará a explorar novas actividades, coñecerse e iniciar otras formas de relación.

Para elo propóñense diferentes actividades, que permiten disfrutar e divertirse en grupo á vez que aportan autocoñecemento, conexión co corpo, ampliar a creatividade, etc.

A rapazada terá a oportunidade de decidir qué queren compartir ese día, pode ser música, arte, movimento, conexión coa natureza, educación emocional, actividades de cociña, comida…

Para calquera información dirixirse a: no centro municipal de Servizos Sociais do concello de Fene a través da Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

servizos.sociais@fene.gal

Descargas