O Concello de Fene abre a inscrición nas xornadas de mergullo para nenos/as e adultos/as

O Concello de Fene abre a inscrición nas xornadas de mergullo para nenos/as e adultos/as

A Concellería de Deportes de Fene informa de que o prazo de inscrición nas xornadas de mergullo para nenos/as e persoas adultas abrirase mañá martes 18 de xuño. O programa, que impulsa o Concello, conta coa colaboración do Clube de Actividades Subacuáticas Nautilus.

No tocante ao mergullo infantil, a actividade está dirixida a nenos e nenas de 10 a 14 anos e é gratuíta. Hai 12 prazas e desenvolverase na piscina municipal o 29 de xuño de 17 a 18 horas. Os requisitos para poder participar? Saber nadar e contar con permiso paterno/materno. O prazo de inscrición pecharase o 27 de xuño.

As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dta., Fene) ou no teléfono 981 340 366.

 

 

Mergullo para maiores de 14 anos

E, sobre as xornadas de mergullo para persoas adultas (a partir de 14 anos), ofértanse 12 prazas para o sábado 29 e 6 de xullo. Na primeira xornada, 29 de xuño, na piscina municipal de Centieiras de 18 a 20 h, e o día 6 de xullo, na praia de Chanteiro de 10 a 13 horas, en dous grupos de dúas horas e media. Neste último caso, a actividade celebrarase sempre e cando as condicións do mar o permitan e en caso contrario cambiarase a data. A cota a abonar é de 6,25 euros.

As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dta., Fene) ou no teléfono 981 340 366.