Fin de curso nas escolas municipais de piscina

Fin de curso nas escolas municipais de piscina

A Concellería de Deportes organiza unha festa acuática para despedir o curso nas escolas municipais de piscina.

Será mañá sábado, 22 de xuño, e o sábado 29 nas instalacións de Centieiras e poderá asistir o alumnado das escolas municipais matriculado no mes de xuño en natación para bebés, 1ª infancia ou natación infantil (iniciación e perfeccionamento).

Haberá inchables acuáticos e multitude de xogos para todos os participantes.

As xornadas desenvolverase atendendo ao seguinte cronograma:

Sábado 22 de xuño

De 10.00 a 10.45 horas será a festa para o alumnado de luns, martes e mércores 1ª INFANCIA, acompañados dunha persoa adulta que saiba nadar.

De 10.50 a 11.35 horas será a festa para o alumnado de xoves, venres e sábado 1ª INFANCIA, acompañados dunha persoa adulta que saiba nadar.

De 11.40 a 12.25 horas, será a festa para o alumnado de natación iniciación INFANTIL que deberá acceder á piscina sen acompañante.

De 12.30 a 13.15 horas, será a festa para o alumnado de natación perfeccionamento INFANTIL e natación xuvenil que deberá acceder á piscina sen acompañante.

Sábado 29 de xuño

A festa celebrarase no horario habitual da escola. Poderán estar acompañados de dúas persoas adultas que saiban nadar.