Manifesto Orgullo LGTBIQ+
28-06-2024
Vivan os dereitos igualitarios, Viva o Orgullo!!!!!!!!
Hoxe, 28 de xuño, conmemórase en todo o mundo o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, en favor dos dereitos das persoas gays, lesbianas, trans, bisexuais, intersexuais e queer.
Un movemento fundamentado grazas ao éxito de millóns de persoas que durante moitos anos loitaron polos seus dereitos, uns dereitos que non son outros máis que a igualdade, a liberdade e o respecto.
Na actualidade, en moitos países do mundo, a diversidade sexual está perseguida e criminalizada, por parte de leis e autoridades. Unha parte da sociedade segue estando moi lonxe de aceptar esta realidade.
Afortunadamente o noso país é referente mundial en dereitos para as persoas LGTBI, uns dereitos que son e serán os dereitos humanos.
Dereitos como o matrimonio igualitario, logrado hai xa 17 anos: xa hai unha xeración enteira que naceu co dereito ao matrimonio, unha xeración nacida en igualdade legal. Dereitos como a coñecida Lei Trans, pola que loitaron tantas e tantos activistas.
Sodes imprescindibles, sen vosotres non habería igualdade! Pero non vamos a olvidar, nunca vamos a olvidar, que para que os dereitos LGTBI+ sexan completos, estos deben ser para todas, todos e, sí, todes. Por ende, hoxe, dende aquí, queremos que o colectivo LGTBI+ teña unha voz
unánime esixindo:
Que se garanticen os dereitos das persoas migrantes! Basta de trabas administrativas, basta de pedir documentos para dificultar o seu cambio rexistral e o acceso á sanidade.
Que se recoñeza a identidade das persoas non binarias! Que poidan acreditar coa súa documentación que non se identifican ni como homes ni como mulleres. Basta de categorizar ás persoas en contra da súa vontade e identidade.
Sen esquecernos do factor da interseccionalidade que fai que a discriminación sexa maior para os colectivos máis vulnerables.
É importante visibilizar, en todos os ámbitos, sobretodo dende a educación como dicta o lema deste ano, os cambios necesarios para promover as condicións para que a liberdade das personas e dos grupos en que se integra, sexan reais e efectivas e remover os obstáculos que impidan ou dificulten a igualdade.
A nosa responsabilidade como administración pública, é impulsar e respaldar os avances que se produzan no ámbito da igualdade no Concello de Fene, co fin de evitar calquera retroceso dos dereitos deste colectivo.
Dende este Concello unímonos ao lema do Orgullo 2024 que defende a educación, os dereitos e a paz como o Orgullo que transforma.
Vivan os dereitos igualitarios, Viva o Orgullo!!!!!!!!