O venres 5 de xullo repartiranse as invitacións para asistir ao monólogo do humorista Carlos Blanco
Cunha festa infantil comeza este venres o ciclo Xullo, mes da Patria
01-07-2024
Inchables, xogos de auga e animación son os principais atractivos da festa infantil que organiza a Concellería de Cultura de Fene para abrir o ciclo Xullo, mes da Patria. A cita será este venres, día 5, a partir das 18 horas na praza do alcalde Ramón José Souto González e Avda do Concello e ao fronte da mesma estará la Guagua. Poderán participar nenos e nenas de todas as idades e a entrada será libre e de balde.
Por mor da instalación dos distintos elementos de xogo, a Policía Local informa da prohibición de aparcar na Avda do Concello este venres, desde as 15 ás 22 horas.
Tamén o venres pola mañá, a partir das 10.00 horas, repartiranse na Casa da Cultura de Fene as invitacións para asistir ao espectáculo que ofrecerá o monologuista Carlos Blanco o mércores 10. Entregaranse dúas entradas por persoa adulta até completar o aforo.