O Concello de Fene leva aos Cantaberneiros á Romaría do Camiñante

O Concello de Fene leva aos Cantaberneiros á Romaría do Camiñante

A tradicional Romaría do Camiñante que organiza a Liga de Amigos de Barallobre celébrase este sábado, 6 de xullo. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura anuncia unha actuación dos Cantaberneiros cos seus Cantos Tabernarios. A función comezará ás 13.30 horas na pista da Liga de Amigos, con entrada libre e de balde.

En Cantos Tabernarios, os Cantaberneiros ofrecen un espectáculo de música tradicional e cantos de taberna para todos os públicos, Acordeón, percusións varias e unhas potentes voces que faran cantar e bailar os/as asistentes!!!   

Actividade organizada pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da ACRD Liga de Amigos de Barallobre e a Deputación da Coruña (Rede Cultural)