Andaina por Limodre o domingo 1 de setembro
19-08-2024
Xa está aberto o prazo para apuntarse na ruta por Limodre que organizan a Concellería de Deportes e a AVV Limodre para o domingo, 1 de setembro a partir das 10.00 horas. A andaina, cuxo percorrido publicaremos proximamente, comezará no local da entidade e percorrerá uns 8 quilómetros de dificultade media ecunha duración aproximada de 3 horas. A participación é de balde até completar as 50 prazas, pero cómpre anotarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
Esta ruta por Limodre encádrase no programa “Andainas por Fene” que organiza o Concello coa colaboración de distintas entidades veciñais ou culturais do termo municipal. Trátase de saídas de distintas distancias que se completarán en aproximadamente dúas horas de percorrido, pensadas para recrearse no patrimonio material e inmaterial e na natureza de cada zona, contando sempre como guía cunha persoa de cada parroquia que irá comentando o que se vaia vendo a cada paso. Ademais de promover hábitos de vida saudables, os itinerarios tamén teñen como obxectivo fomentar o coñecemento do concello por parte da veciñanza -e tamén das persoas de fóra que queiran sumarse-, así como reforzar os vínculos entre as entidades por medio dun programa de lecer compartido.