As citas para apuntarse nas escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o 2 de setembro

As citas para apuntarse nas escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o 2 de setembro

As Concellarías de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 9 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 2 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.

Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 2 e 3 de setembro de 9:00 a 14:00 horas

Poboación en xeral: Do 4 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas

A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 9 ao 18 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.

Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas.

Compartimos nesta nova a normativa de matriculación 24/25 con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos e culturais que se desenvolverán desde o 1 de outubro até o 30 de xuño repartidos polos pavillóns, Casa da Cultura, a piscina e outras instalacións municipais.

Descargas