Horario inverno Casa da Cultura de Fene

Horario inverno Casa da Cultura de Fene

A partir de mañá, mércores 11 de setembro, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene Xaquín Marín.

Con este novo horario, que se manterá durante o curso 2024/25, agás períodos de vacacións escolares, a Casa da Cultura (aula de estudo e sala de exposicións temporais) e o Museo do Humor de Fene Xaquín Marín abrirán de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. Pola súa banda, a Biblioteca Municipal abrirá de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Aproveitamos a ocasión para lembrarlles que o mesmo mércores 11, ás 19 horas, inaugúrase no museo do Humor Xaquín Marín a exposición O Olimpo da Caricatura. A mostra recolle unha selección de obras dos que, a xuizo do humorista gráfico e fundador do museo fenés Xaquín Marín, son “os mellores caricaturistas a nivel mundial” e ten como obxectivo “ensinar no meu país e en todo o mundo que o debuxo de humor pode ser unha arte tan sublime como outras que sempre foron mellor valoradas”.

Domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.