O vindeiro luns abre o prazo para apuntarse á Andaina por Fene que terá lugar o sábado 5 de outubro
20-09-2024
O roteiro, de aproximadamente 6,5 kilómetros de lonxitude e hora e media de duración, comezará no CMI Unidade de Fene e terá como principais puntos de interese no percorrido: o parque do pallaso, o Camiño Inglés, a escola de Fonte do Campo, a Casa da Cultura, a igrexa de Fene, os murais do Perla Mural Fest 2023 e 2024, o parque liñal do río Cádavo, Santa Ana e Concello ou Xulgado. Pódese consultar o itinerario completo no seguinte enlace. As prazas son limitadas, 50 por aindaina, e segundo informan desde a Concellería de Deportes, non poderán participar máis persoas das inscritas.
As persoas interesadas en inscribirse na andaina por Fene do vindeiro 5 de outubro poderán facelo a partir do luns 23 de setembro no Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
Estas rutas encádrase no programa “Andainas por Fene”; roteiros organizados en colaboración coas sociedades parroquias e Eroski- cos que o Concello quere dar a coñecer á veciñanza a riqueza paisaxística e patrimonial do conxunto do territorio local mentres se goza dunha actividade saudábel ao aire libre.
Para o día da marcha, desde o departamento de Deportes recomendan ás persoas inscritas levar calzado e roupa cómoda.