O vindeiro luns abre o prazo para apuntarse á Andaina por San Valentín que terá lugar o sábado 19 de outubro
04-10-2024
O roteiro, de aproximadamente 8 kilómetros de lonxitude e tres horas duración, comezará no CPS de San Valentín e terá como principais puntos de interese no percorrido: Paseo marítimo de S. Valentín - O Puntal - Pazo da Mercé (con paradiña) - Senda ponte do tren - Mosteiro San Martiño do Couto (con paradiñas) - Senda da Ponte do tren (con paradiña) - Estación de Neda- O Puntal - Camiño do Regueiro, e remate no CPS de San Valentín.
As prazas son limitadas, 50 por aindaina, e segundo informan desde a Concellería de Deportes, non poderán participar máis persoas das inscritas.
As persoas interesadas en inscribirse na andaina por Fene do vindeiro 19 de outubro poderán facelo a partir do luns 7 de outubro no Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
Estas rutas encádrase no programa “Andainas por Fene”; roteiros organizados en colaboración coas sociedades parroquias e Eroski- cos que o Concello quere dar a coñecer á veciñanza a riqueza paisaxística e patrimonial do conxunto do territorio local mentres se goza dunha actividade saudábel ao aire libre.
Para o día da marcha, desde o departamento de Deportes recomendan ás persoas inscritas levar calzado e roupa cómoda.