Asinados os convenios de colaboración das Subvencións Nominativas para as entidades Culturais, Deportivas e de Ensino do Concello de Fene
10-10-2024
O alcalde de Fene e representantes de varias sociedades culturais, deportivas e de ensino do termo municipal asinaron este mediodía os convenios das Subvencións Nominativas do ano 2024. Os convenios ascenden a un total de 39.100 € para as entidades culturais, 7.500 € para as entidades de ensino e 5.000 € para as deportivas (51.600 € en total). Con anterioridade xa foron asinados os convenios coas sociedades AC Felicia e Centolos AC, por un importe de 11.000 € para cada un deles.
Con estas aportacións, o Concello de Fene pretende apoiar a labor destas entidades para organizar os seguintes eventos:
- Festa do Poldro (AVV San Xurxo de Magalofes): 1.200,00 €
- Festa da Ameixa (ACRD O Pote de Maniños): 1.200,00 €
- Romería do Pote (ACRD O Pote de Maniños): 3.000,00 €
- Romería do Camiñante (ACRD Liga de Amigos de Barallobre): 1.200,00 €
- Xuntanza de Gaiteiros/as (Banda de Gaitas Airiños de Fene): 4.500,00 €
- Premio de Poesía "Xosé María Pérez Parallé" (CMI Unidade de Fene): 3.600,00 €
- Festa do Langostino (CPS de San Valentín): 1.200,00 €
- Festa da Orella (AVV Santa Eulalia de Limodre): 1.200,00 €
- Slalom Fene (Escudería Scratch Fene): 5.000,00 €
- Comedor Escolar (ANPA Río Va CEIP OS Casais): 3.500,00 €
- Comedor Escolar (ANPA CEIP Centieiras): 3.000,00 €
- Hiperbaric (IES de Fene): 1.000,00 €