A Concellería de Deportes amplía ata o 10 de novembro o prazo para o envío de información relativa a IV Gala do Deporte.

A Concellería de Deportes amplía ata o 10 de novembro o prazo para o envío de información relativa a IV Gala do Deporte.

Tal e como vimos informando, o Concello de Fene publicou recentemente as bases que rexen a organización dunha nova edición da Gala do Deporte,  que se celebrará o día 30 de novembro. Evento co que se pretende “reunir ás persoas e entidades do deporte fenés ao redor dun día de festa no que salientar o labor de quen contribúen a desenvolver e ampliar a práctica deportiva no noso Concello”. Recoñécese, deste xeito, o seu traballo e traxectorias deportivas relevantes no ano ou tempada 2023-4. Poden optar tanto as persoas físicas, clubs deportivos como as entidades do municipio que cumpran os requisitos establecidos en cada unha das categorías. 

A concellería de Deportes  consciente da necesidade de ampliación  de prazo, informa que poderemos enviar a información até ás 23.59 h do 10 de novembro. Lembrándonos ademais da  dirección de correo electrónico habilitada para elo: deportes.fene@gmail.com.