Abre o prazo de preinscrición para a Campaña da Neve da Deputación da Coruña
11-11-2024
Sete nenos ou nenas de Fene poderán disfrutar dende o día 24 ata o 27 de xaneiro de 2025 da experiencia de participar na “Campaña da Neve” da Deputación da Coruña.
Poderán solicitar a participación nesta actividade rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2024. Os/as participantes pagarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación. Esta cota inclúe transporte, estadía e manutención na Estación invernal de Valgrande- Pajares, monitorado, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionenas actividades e cursos programados.
Os/as participantes/sa neste programa disfrutarán, por tanto, de 4 días nun albergue a pé de pista na estación invernal de Valgrande- Pajares (Asturias), contarán con cursos de esquí e actividades complementarias. A entrada dos rapaces/as na estación será o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.
Entre os días 8 de novembro e 2 de decembro, estará aberto o prazo para facer as preinscricións da rapazada empadroada en Fene que estea interesada en participar na Campaña. A solicitude de participación presentarase presencial ou telematicamente no Rexistro Xeral do Concello de Fene.
O formulario de inscrición poderá recollerse en formato papel no Departamento municipal de Cultura e Deportes, (de luns a venres entre as 8 e as 14:00 horas) ou descargarse no seguinte enlace:
https://www.dacoruna.gal/files/8617/3089/7866/Campana-Neve_2025_Ficha_Inscricion.pdf
Xunto co formulario de inscrición deberá achegarse un volante de empadronamento da persoa solicitante.
No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas solicitadas, realizarase un sorteo público das prazas diante da secretaria municipal entre o 3 eo 5 de decembro. Terán prioridade os rapaces e rapazas que nunca asistiran á Campaña da neve.
Segundo información remitida pola Deputación da Coruña, indícase que o transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na oferta; os puntos da comarca onde se efectuará a recollida notificarase con suficiente anticipación.
Máis información:
https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/
Telf: 981 340 366