Manifesto 25N Concello de Fene 2024

Manifesto 25N Concello de Fene 2024

Hoxe é un día, como dicen as nosas nais, moi sinalado, un día no que non podemos esquencer a todas as vítimas da violencia machista, tanto as galegas, como calquera muller ou nena do mundo, que agora mesmo está a sufir esta violencia.

 

Tamén é unha data sinalada para acelerar o motor e continuar a eliminar a violencia contra ás mulleres aplicando as políticas de igualdade necesarias, e incidindo sobre todo no problema estructural dunha sociedade que segue sendo profundamente machista.

 

Recordaremos cada 25N, que un 25 de novembro de 1960, as tres irmáns Mirabal da Republica Dominicana, foron brutalmente asasinadas pola policía secreta do ditador Leónidas Trujillo; e tamén temos que recordar que antes de dita data moitas mulleres morreron, e depois desa data moitas mulleres están a morrer cada día no mundo, sendo a violencia contra as mulleres e as nenas unha das violacións dos dereitos humanos máis estendida, persitente e devastadora do mundo. Neste ano, no noso pais, son xa 41 mulleres as vitimas da violencia machista.

 

A violencia machista ten moitas caras, sendo a máis cruda a das agresións fisicas e asasinatos, pero son tantas as formas de violencia, a violencia vicaria, a violencia económica, dixital, sexual, a cosificación da muller, o deprezo...etc, que non é fácil identificalas.

 

O dano, o maltrato, a violencia está normalizado na nosa sociedade, de tal forma que se non o percibimos de forma brutal non o identificamos; os malos tratos nin siquera moitas veces son recoñecidos polas persoas que os exercen, nin polas mulleres e nenas que os reciben, pero non por iso deixa de ser MALTRATO.

 

Dende o Concello de Fene queremos inspirar políticas preventivas que marquen o cambio do MALTRATO hacía o BO TRATO, e así previr o maior número de mortes de mulleres e nenas no noso entorno máis próximo.

 

E hoxe queremos expresar, xustamente a través da poesía de Carlos Solla, un home que si é capaz de identificar o maltrato e tamén de transmitir sentimentos coma a dor por esta lacra, que BASTA XA, CANTAS MORTES MÁIS TEMOS QUE VIVIR?

 

Quedo, perante o teu nicho candente,

ao abeiro da amnistía dos cemiterios,

soletreo, ca insolencia

dos vivos, ou cecais,

unha arela de aceiro inoxidábel:

Repouse en paz”.

Quedo, fronte á túa cova delourada,

sei, abofé, que che tallaron o alento

por ser muller, por seres sido ti,

muller,

alma recén estreada,

anque apenas o gozases

un instante.

Quedo, diante do teu sartego grelado,

maxino que te derramaron

por ter nado femia:

mercadoría, serva, posesión;

por desoír, destemida, os voceiros

de Deus superconcentrado,

especuladores do statu quo;

por espertar muller neste pesadelo de homes.

 

Quedo, de face á túa tumbra abouxadora,

flores murchas,

lousa tinguida do verdello indíxena,

muller descoñecida,

pregunteime, con fatuidade

de quen drome sen abafo,

cantas mortes de mortas, aínda?…

E mesmo sentín noxo de min

por chocar no niño do sangue

o alacrán do ser superior,

mais, oh infame, foi só vertixe

do estantío.