Todo preparado para o desfile do Mércores de Cinza
03-03-2025

O Concello de Fene organiza un ano máis o desfile de entroido, no que ante a previsión da gran cantidade de comparsas participantes, a Concellería de Cultura informa do cambio de itinerario por motivos de organización e de seguridade viaria, deste xeito as comparsas non pasarán polo cruce de Fene e a Avda. Naturais.
Mantense a concentración das comparsas ás 17.30 horas nas rúas San San Salvador e Avda. do Tarrío, sendo a saída ás 18.00 horas dirección Avda. do Marqués de Figueroa, Rúa da Fraga e Avda. do Concello.
No enlace, adxuntamos a orde do desfile, as actuacións no palco e o dispositivo de tráfico da Policia Local. Una vez rematadas as actuacións, procederase á lectura do testamento (este ano realizado pola nosa veciña Paula Carballeira), a queima do Entroido na Avda. do Concello e a tirada dos fogos de artificio no Parque Castelao.