As familias e a relación coas adiccións dos fillos, tema dunha nova sesión do programa Máis que un teito
02-05-2025

A supervisión familiar, normas e límites efectivos con respecto ao lecer, información sobre drogas ou a mellora da comunicacións cos adolescentes. Son algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro luns, 5 de maio, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Rebeca Graña Torralba, educadora social. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse indicando se se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30)
A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscripción cuberta.
- Nos teléfonos 981 342 607 ou 981 492 706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.
As prazas cubriránse por orde de inscrición.
"Máis que un teito" é un programa de formación en prevención familiar e comunitaria que ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. Ademais, pretende sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada, incidindo nos factores de protección.
A actividade vai dirixida a representantes das ANPAs, entidades sociais e familias, ás que se lles ofrece manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.
Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
Avda. do Mar, bloque 1-baixo - 15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607