O programa de charlas para familias Máis que un teito aborda o vindeiro luns o tema “sexualidade das/os menores”

O programa de charlas para familias Máis que un teito aborda o vindeiro luns o tema “sexualidade das/os menores”

Actuación encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información referida a hipersexualización das/os menores nas distintas APPs, video xogos e redes sociais en xeral. Analizaranse as consecuencias tales como as repercusións na saúde mental e o aumento de enfermidades de transmisión sexual.

Estas e moitas outras cuestións  abordaranse o vindeiro luns, 19 de maio, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Sara Rodríguez, formadora do Plan Director. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse, indicando se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30).

A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscripción cuberta.
- Nos teléfonos 981 342 607 ou 981 492 706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.

As prazas cubriránse por orde de inscrición.

"Máis que un teito" é un programa de formación en prevención familiar e comunitaria que ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. Ademais, pretende sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada, incidindo nos factores de protección.

A actividade vai dirixida a epresentantes das ANPAs, entidades sociais e familias, ás que se lles ofrece manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.

Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo - 15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607

Descargas