O programa de charlas para familias Máis que un teito aborda o vindeiro luns o tema “Menores e tecnoloxía. O gran reto das familias”

O programa de charlas para familias Máis que un teito aborda o vindeiro luns o tema “Menores e tecnoloxía. O gran reto das familias”

Sobre os menores e a tecnoloxía falaremos o luns 26 de maio ás 18.30 h na derrareira sesión das charlas para familias "Máis que un teito" , organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda.

Os contidos a tratar, entre outros, serán: as idades de inicio, as normas e os límites no primeiro móvil, o impacto na autoestima e os principais riscos.

O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse, indicando se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30).

A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:


- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscripción cuberta.
- Nos teléfonos 981 342 607 ou 981 492 706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.

As prazas cubriránse por orde de inscrición.

"Máis que un teito" é un programa de formación en prevención familiar e comunitaria que ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. Ademais, pretende sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada, incidindo nos factores de protección.

A actividade vai dirixida a epresentantes das ANPAs, entidades sociais e familias, ás que se lles ofrece manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.

Para calquera outra información dirixirse a:


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo - 15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607

Descargas