Programa de Prevención “Convivencia. Círculos de diálogo”
27-05-2025

Alumnado de 2º e 3º da ESO do IES de Fene e do CPI A Xunqueira está a participar no programa de prevención de condutas aditivas “Convivencia. Círculos de diálogo” que organizan os Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A actividade tamén se está a desenvolver no IES Mugardos e no CPR Loyola co obxectivo de dar a coñecer os círculos de diálogo como ferramenta para mellorar a convivencia nas aulas.
Os círculos de diálogo empregan unha metodoloxía plenamente participativa na que todas as persoas participantes poden expresar con liberdade as súas opinións, emocións, e tamén facilitan a escoita das outras persoas participantes, ampliando asi a perspectiva. Os obxectivos son: dar a coñecer os usos e características dos círculos de diálogo; adestrar as habilidades básicas que lles faciliten as súas relacións sociais e afectivas e melloren a convivencia, como a resolución pacífica de conflitos, escoita, empatizar, expresión de emocións, etc; promover a reflexión sobre as diferentes formas de actuar ante os conflitos; fomentar a cohesión grupal; formar ao profesorado para que poidan utilizar a ferramenta dos círculos de forma básica nas aulas; e formar ás familias para que poidan utilizar a ferramenta dos círculos de forma básica na casa.
Máis información:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607