O luns 1 de setembro a piscina municipal e o Pavillón Municipal A Xunqueira abren as súas portas

O luns 1 de setembro a piscina municipal e o Pavillón Municipal A Xunqueira abren as súas portas

Nesta liña, durante o mes de setembro, os horarios de apertura ao público nas instalacións deportivas serán:

PISCINA MUNICIPAL DE CENTEIRAS

De luns a venres horario de apertura de 17:00 a 22:00 h.
Sábados de 17:00 a 20:00 h.
Domingos instalación pechada.

Durante este mes no horario de apertura estarán dispoñibles as seis rúas e o ximnasio de musculación para uso libre.

PAVILLÓN MUNICIPAL A XUNQUEIRA

De luns a venres, para os adestramentos de pretempada, de 18:00 a 22:00 h.

 

Matriculación escolas municipais

O Concello de Fene lémbralles que o prazo de matrícula presencial nas escolas municipais de Fene estará aberto do 12 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 9 de setembro, chamando ao ou ao 607 626 812. A nova aquí