As sociedades sen fins de lucro, de alta no rexistro de entidades do Concello de Fene, poderán solicitar desde mañá a subvención de concorrencia competitiva para o ano 2025
O Concello destina este ano a cantidade de 105.800 €
04-09-2025
Publicado no BOP 4 de setembro, o extracto das bases reguladoras da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2025. O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento e actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento, necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento dasactividades obxecto da subvención. A contía máxima das subvencións por entidade ascenderá a 15.000 € no caso das entidades deportivas, a 12.000 € nas culturais e 1.500 ás ANPAS. Unha vez publicado o estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de presentación de solicitudes terá lugar desde o 05/09/2025, ata ás 14.00 horas do 14/09/2025.
Poderán optar a estas subvencións as entidades que, no momento de presentar a solicitude de subvención, carezan de ánimo de lucro, teñan sede e desenvolvan as súas actividades no Concello de Fene, estean inscritas e actualizadas no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais (conforme infica o artigo 5o, apartados 5 e 6 do Regulamento Municipal do Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais do Concello de Fene), non estean incursas en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública, que as actividades para as que solicitan subvención sexan de interese para o Concello e que, no caso de seren beneficiarias de axudas anteriores concedidas en anos anteriores polo Concello de Fene, ás teñan debidamente xustificadas e aprobadas pola entidade local.
Para as entidades CULTURAIS e ANPAS serán subvencionables as actividades que se desenvolvan ao longo do exercicio 2025; e para as entidades DEPORTIVAS serán subvencionables as actividades do ano 2025 e os gastos derivados da inscrición de equipos, fichas federativas e mutualidades e equipacións da tempada 2025/2026.
A contía das subvencións poderá acadar, como máximo, o 80% do presuposto de gastos que se detalle no formulario da solicitude, co máximo subvencionable que se determina na cláusula 2a das bases.
As solicitudes, en modelo oficial facilitado polo Concello, e demais documentos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fene, a través da sede electrónica municipal, ou por calquera dos medios contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
