As citas para apuntarse nas escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o 9 de setembro
05-09-2025
A Concellaría de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 12 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 9 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:
Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 9 e 10 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: Do 11 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas
A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812
O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 12 ao 18 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
