O xoves 13 a biblioteca municipal acollerá un obradoiro dirixido ao público entre 6 e 11 anos

O xoves 13 a biblioteca municipal acollerá un obradoiro dirixido ao público entre 6 e 11 anos

O xoves día 13 de novembro ás 17.30 na B.P.M. de Fene vaise realizar un obradoiro co título de "Ramas literarias", para público infantil e xuvenil, entre 6 e 11 anos. O número de prazas é limitado polo que as persoas interesadas en asistir teñen que facer reserva de praza na biblioteca.
 
Esta actividade lévase a cabo a través dunha iniciativa realizada pola Biblioteca da Deputación da Coruña, que oferta diferentes actividades ás bibliotecas de concellos con menos de 20.000 habitantes, para público infantil, xuvenil e de adultos. Enfocadas á alfabetización dixital e tamén á animación á lectura e o desenvolvemento de habilidades creativas e da escritura.
 
O obxectivo do taller "Ramas literarias" é que as/os nenas/os reflexionen sobre aquela historia ou historias que son importantes na súa vida literaria, facendo unha metáfora utilizando a figura das árbores, na que personalizarán o tronco e as ramas con elementos escritos ou decorativos relacionados con ditas historias. Un taller perfecto para traballar con latas, ramas, la, ... vinculándoos de xeito creativo coa literatura.
 
Animádevos e facede a vosa reserva de praza xa!!
 
As reservas pódense facer presencialmente ou por teléfono (981342302 / 607625346) durante o horario de apertura da biblioteca (de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas e sábados de 10.00 a 13.00 horas).