Contos pra contar cartos

Contos pra contar cartos

O ciclo Nadal da Concellería de Cultura programa para hoxe xoves, ás 20.00 h, a actuación do monologuista Avelino González no Local Social da AVV San Xurxo de Magalofes. Dirixido a público adulto e con entrada de balde. Aforo limitado.

Contos pra contar cartos,  é unha actuación de contos que falan dos cartos, en realidade falan de como somos e de que nos importa. E da cantidade de estupideces que chegamos a facer por eles!

Se cadra estes contos axudan a botar contas.