San Silvestre Concello de Fene 2025

San Silvestre Concello de Fene 2025

A proba terá lugar este sábado, 27 de decembro, a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Pavillón da Xunqueira (na Avenida do Mar de San Valentín. Os/as participantes poderán retirar o dorsal – chip hoxe venres no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 h , e de tarde, de 18.00 a 20.00 horas.

Tamén se poderán recoller mañá sábado no Pavillón da Xunqueira de 10.00 a 13.00 e de 15.30 a 16.30 h.

Participarán corredores/as inscritos nas categorías: Biberóns (ano de nacemento 2021), Pitufos (2020), Sub 8 (2018-19), Sub 10 (2016-17), Sub 12 (2014-15), Sub 14 (2012-13), Sub 16 (2010- 11), Sub 18 (2008-09), Absoluta (2007 e anteriores) e Andaina (todas as idades).

Os /as participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo  máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao coche escoba que os/as levarán ata a meta para poder comezar coas carreiras da categoría Biberóns e sucesivas.

Por outro lado, nas carreiras de “biberóns”, “pitufos”, “Sub 8 e “Sub 10” poderán establecerse quendas de 10 participantes para evitar aglomeracións e posibles caídas dos/as participantes.


En canto aos premios, haberá trofeos para os/as tres primeiros clasificados/as das categorías de Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14 e sub 12, tanto masculino como feminino, recibirán un trofeo. Tódolos/as participantes das demais categorías recibirán unha medalla conmemorativa da xornada.


A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado as bases que inclúen unha declaración de estar en bo estado físico, eximindo á organización, aos sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de lesión.


DISPOSITIVO ESPECIAL DE TRÁFICO “SAN SILVESTRE”

Por mor da celebración da San Silvestre 2025, a Policía Local de Fene anuncia as seguintes restriccións ao tráfico e ao aparcamento. Ver aquí

Descargas