As agrupacións interesadas en anotarse terán que facelo desde hoxe até ás 14.00 horas do luns, 9 de febreiro de 2026 polo Rexistro Xeral do Concello de Fene
Abre o prazo de inscripción para as comparsas que queiran participar no desfile e festival do mércores de Cinza no Concello de Fene
16-01-2026
A Concellería de Cultura ultima os preparativos do Entroido 2026 que terá lugar nas xornadas do martes 17 e mércores 18 de febreiro (Mércores de Cinza, festiva local no noso concello). O ciclo comezará o martes 17 de febreiro a partir das 18.00 horas e baixo carpa a festa infantil e a tradicional merenda con reparto de lambetadas, coa colaboración da AC O Tadetas, para todos os nenos e nenas que se acheguen disfrazados. Para rematar, e a partir das 21.00 horas, comezará a actuación da orquestra Marbella.
As actividades do Entroido continuarán o mércores día 18 de febreiro coa concentración de comparsas ás 17.45 horas na rúa San Salvador (Pista Polideportiva do CCRD Perlío), para iniciar ás 18.00 horas o percorrido pola Avda. Marqués de Figueroa, Rúa da Fraga e rematar na Avda. do Concello. Ao chegar á Praza do alcalde Ramón José Souto González, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento, a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico (Parque Casteao).
