Vacacións en paz 2026
O Concello de Fene apoia e fomenta valores coma a solidaridade, interculturalidade, cooperación internacional, e sobre todo o compromiso integral ca infancia e o seu pleno desenvolvemento
12-02-2026
O Concello de Fene colabora neste proxecto sufragando os gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas que sexan acollidos por familias deste Concello
Un ano máis o Concello de Fene fai un chamamento a todas aquelas familias que desexen e podan acoller temporalmente na súa familia a menores do Campamento de Tindouf durante os meses de xullo e agosto de 2026.
As familias interesadas disporán de todo o apoio e asesoramento que precisen para poder exercer este acollemento a través da asociación, Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, que xestiona o programa. O Concello de Fene sufragará os gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas que sexan acollidos por familias deste Concello.
Este acollemento está promovido polo Goberno da República Árabe Saharauí Democrática e xestionado en Galicia pola Asociación Galega de Solidaridade co Pobo Saharauí (AGAPSPS).
Os obxectivos do Programa son os seguintes:
► Facilitar as revisións médicas e asistencia sanitaria que os nenos e nenas precisen.
► Proporcionar unha alimentación saudable compensadora dos déficits alimentarios
► Evitar a estancia nos campamentos durante o verán soportanto unhas temperaturas que poden acadar os 50o á sombra
► Dar a coñecer e sensibilizar á sociedade galega sobre a situación do Pobo saharauí e a necesidade dunha solución política xusta.
► Descubrir unha cultura e unha realidade moi diferentes á propia, incidindo especialmente no tempo de lecer.
As familias que queiran anotarse a este programa teñen de prazo ata o día 28 de febreiro e terán que remitir a súa solicitude á Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí.
+ Información:
Centro Municipal de Servizos Sociais
Tel: 981492706
web fenecidadan.gal
Enderezo electrónico : servizos.sociais@fene.gal
Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí
Tel: 986262637 (horario de mañá)
WhatsApp: 678727382
Enderezo electrónico: asociacionsogaps@yahoo.es
