Presentación do libro Por que ninguén falou delas
26-05-2026
O Concello de Fene, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, organiza para este venres, 29 de maio, ás 19 horas na Casa da Cultura, a presentación do libro Por que ninguén falou delas, da autora Belén López Cillero. A obra investiga a represión sistemática exercida polo franquismo contra as mulleres da clase obreira, empregando como ferramenta o Patronato de Protección a la Mujer entre 1941 e 1985.
Segundo informan os Servizos Sociais municipais, a presentación desta obra organízase co obxectivo de que a veciñanza de Fene e bisbarra “poida coñecer de primeira man a nosa realidade histórica recente, para así poder combater a onda reaccionaria que se está a expandir entre a xente máis nova. As testemuñas directas do golpe de estado e ditadura son cada vez menos, pero non se pode silenciar a dor de tantas mulleres que sufriron abusos, xustamente por ser mulleres, mulleres que non seguían as normas impostas e que por tanto era necesario dobregar”.
+ Información: Centro Municipal de Servizos Sociais
Caixa de correo: servizos.sociais@fene.gal. Tel:981492706
Web: fenecidadan.gal
Correo electrónico: servizos.sociais@fene.gal
