As Concellerías de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene.
As citas para apuntarse nas prazas libres das escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o día 7 de setembro
24-08-2026
As citas poderán solicitarse a partir do 7 de setembro e o prazo de matrícula presencial estará aberto do 10 ao 17 de setembro. Será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira.
Para solicitar CITA PREVIA temos que ter en conta os seguintes prazos:
Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 7 e 8 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas
A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812
O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 10 ao 17 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o concello recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas.
Compartimos nesta nova a normativa de matriculación 26/27 con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos e culturais repartidos polos pavillóns, Casa da Cultura, a piscina e outras instalacións municipais así como as prazas libres nas escolas ofertadas.
