A instalación municipal reactiva a súa actividade no vaso de nado e contará con horario de atención presencial no ximnasio durante o mes de setembro
O 1 de setembro a Piscina Municipal abre a súas portas para nado libre e adestramentos de clubs.
27-08-2026
O Departamento de Deportes informa da apertura ao público da Piscina Municipal de Centieiras (Perlío) a partir do vindeiro 1 de setembro. A instalación quedará habilitada para a práctica do nado libre, así como para o desenvolvemento dos adestramentos solicitados polas entidades e clubs deportivos que formalicen a correspondente reserva de espazo.
Horarios de apertura da piscina
O vaso de nado manterá a súa actividade de luns a domingo dentro das seguintes franxas horarias:
De luns a venres: De 09:15 a 13:00 h e de 18:00 a 21:45 h
Sábados e domingos: De 10:00 a 13:00 h
Servizo de monitorado no ximnasio
Respecto á sala de musculación / ximnasio, durante todo o mes de setembro contarase co servizo de asistencia e supervisión por parte do monitorado nos seguintes tramos horarios:
Luns e mércores: De 09:30 a 11:30 h
Martes, xoves e venres: De 18:30 a 20:30 h
Con esta planificación, o Servizo Municipal de Deportes garante o reinicio da actividade acuática e o correcto uso das instalacións.
