Iniciación ao mundo dixital para maiores de 55 anos
01-09-2026
O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza un curso gratuíto de formación en competencias dixitais para impulsar a autonomía dixital en maiores de 55 anos, os días 14 e 16 de setembro de 2026 .
YoConecto ofrece cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán aprenderan a utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videochamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.
As inscricións realizaranse, do 1 ao 11 de setembro, de forma presencial no centro municipal de Servizos Sociais sito en Avda. Do Mar, Bloque I, s/n, San Valentín, Fene, ou chamando ao 607 61 83 47
Os contidos están relacionados con ensinar a utilizar aplicacións móbiles para xestionar o teu día a día. Os trámites administrativos deixarán de ser un problema, atoparás a solución en ferramentas de organización, acceso a sedes electrónicas e trámites oficiais.
Iniciación ao mundo dixital
Que necesitan levar as persoas participantes??
O teléfono móbil e o DNI
Datas: 14 e 16 de setembro
Horario: 17:00-19:00h.
Lugar: Casa da Cultura, Avda. Conces, núm 20-22, 15500 Fene
Curso gratuíto de 4 horas.
