A Biblioteca Municipal de Fene estreará a programación de outono cunha visita da Fada Diana

A Biblioteca Municipal de Fene estreará a programación de outono cunha visita da Fada Diana

Danza, circo, maxia e música combínanse no espectáculo de narración oral A Fada Diana que a contacontos Ariadna Santana representará no salón de actos da Casa da Cultura de Fene o xoves 1 de outubro, ás 18.00 horas. A función, dirixida público de todas as idades aborda a cuestión da reciclaxe “para lembrarnos que o cambio só é posible coa colaboración de todas e todos en igualdade”. Entrada libre e de balde.

Coa súa maxia, a Fada Diana pretende motivar á mocidade e aos nosos maiores a coidar do planeta, demostrando que cada pequeno xesto conta e para crear un futuro mellor. Por que o seu lema é: Xuntas, podemos ser heroínas e heroes!

Ariadna Santana é licenciada en Arte Dramático pola ESAD Valencia. Freelance en Actúate (clases de teatro), tamén fai sesións de contacontos en bibliotecas, centros culturais, centros comerciais e colexios, en galego, español e inglés a nivel nacional (Galicia, Madrid, Canarias...) e no estranxeiro. Ademais, traballou como narradora oral en Ñú Acents, Purpurina animacións, 1001 Faces, Actúate ou Welcome.

Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.