O Concello de Fene celebrará o sábado 28 de novembro a VI Gala do Deporte

O Concello de Fene celebrará o sábado 28 de novembro a VI Gala do Deporte

Setenta e cinco deportistas de Fene ou vencellados a clubs de Fene e sete equipos/entidades do concello (Scratch Fene, Afeccionados S.D. Maniños, Cadetes S.D. Maniños, Infantís CCRD Perlío, Infantís CMI Unidade de Fene, Cadetes CMI Unidade de Fene e Asociación Por + Vida) serán homenaxeados o sábado 28 de novembro, ás 18.00 horas, no pavillón de San Valentín nunha nova edición da Gala do Deporte. Entrada libre e de balde.

Neste evento, a Concellería de Deportes premia os logros acadados polos/as deportistas e clubs do Concello en campionatos galegos ou de categoría superior no ano ou tempada 2025/26.

Consulta aquí a relación de deportistas e clubs/entidades homenaxeados na VI Gala do Deporte.

Recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación, a entrega e en definitiva os valores que a través do deporte transmiten as entidades e deportistas fenesas, son algúns dos obxectivos da Gala do Deporte coa que, ademais, se pretende incentivar ás crianzas e á poboación en xeral para a práctica do deporte.

Descargas