O xogo como metodoloxía e recurso educativo

O xogo como metodoloxía e recurso educativo

O concello de Fene xunto o concello de Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.

A sesión coas familias complementa aos obradoiros que se ofertan ao alumnado.

A segunda sesión vai ser impartida por Lucía Fraguela Martínez, docente especializada en xogo e xerente de O Muiño do Fabal: O xogo como metodoloxía e recurso educativo

DATA: 30 de novembro
HORA: 18:00 a 20:00 horas
LUGAR: Casa da cultura de Fene.

Adicarase un tempo para compartir coas familias como se aborda esta temática cos/as menores desde o seu papel como formadores do Plan Director.

A xornada será participativa, onde as persoas participantes poderán expresar opinións e compartir un espazo para así poder afrontar o acompañamento das/os fillas/os.

Poboación destinataria: Representantes das ANPAs, entidades sociais e familias. Ofrecéselles manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.

O período de inscrición até o venres 30 de novembro de 2026. (por orde de inscrición ata cubrir como máximo 30 plazas).

*SERVIZO DE CONCILIACIÓN:

Co obxectivo de que as familias poidan dispoñer do tempo necesario para acudir á formación, habilitarase paralelamente un servizo de conciliación para a atención das crianzas. Este espazo estará dinamizado por monitorado especializado mentres se desenvolve a sesión adulta. A solicitude deste servizo poderá realizarse ata o mesmo luns 30 de novembro.


A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:

- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscrición cuberta.
- Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.


As prazas cubriranse por orde de inscrición.


Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607

Descargas