Novas

10-04-2019 -

O Concello abre o prazo para que os locais de hostalería se apunten ao XII Concurso de Tapas

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica, vén de abrir o prazo de inscrición para participar no XII Concurso de Tapas de Fene. Así, os establecementos de hostalería interesados poden anotarse no Rexistro Xeral do Concello ata o día 17 de abril (incluído).
10-04-2019 -

Preto de 600 estudantes participarán xoves e venres nas Xornadas de Atletismo Divertido do Concello de Fene

Uns seiscentos rapaces e rapazas dos centros educativos de Fene tomarán parte este xoves e venres nas Xornadas de Atletismo Divertido que organiza o Concello a través da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida. Á vista das condicións climatolóxicas previstas para esta semana, as actividades realizaranse no pavillón de A Xunqueira en horario de mañá, dende as 10,20 horas aproximadamente. O xoves participarán os estudantes de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan de Perlío e CPI A Xunqueira, namentras que o venres tomará o relevo o alumnado do CEIP O Ramo, CEIP Centieiras e CEIP Os Casais.
09-04-2019 -

Cambio de horario da Casa da Cultura de Fene durante a Semana Santa

A Concellería de Cultura de Fene informou esta mañá do cambio de horario da Casa da Cultura (biblioteca, museo e aula de estudo) durante a Semana Santa. Así este sábado 13 e domingo 14 de abril permanecerá pechada; do luns 15 ao mércores 17 de abril, abrirá as súas portas de 10 a 14,15 horas; do xoves 18 ao domingo 21 de abril estará de novo pechada e, o luns 22, abrirá de 10 a 14,15 horas. A partir do martes 23, retomarase o horario habitual, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.
09-04-2019 -

Musiqueando en Fene

O tempo non acompañou, pero tampouco foi obstáculo para que os alumnos e alumnas do IES Fene saíran do centro esta mañá para ofrecer a veciños e veciñas a súa música no marco da iniciativa Musiqueando, coa que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino. Así, os concertos trasladáronse da praza do Alcalde Ramón José Souto González ao salón de plenos da casa consistorial.

Alí, o alumnado da ESO e do Bacharelato desplegou toda a súa creatividad baixo a dirección da súa profesora Bárbara Mourelo.
08-04-2019 -

Os estudantes do IES Fene sacan o seu talento musical á rúa

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do IES Fene sairán á rúa este martes 9 de abril para desplegar todo o seu talento creativo e musical e compartilo con veciños e veciñas. Sobre as 11 horas acudirán á praza do Alcalde Ramón José Souto González, contigua á casa consistorial, para amosar o aprendido nas aulas coa profesora de música Bárbara Mourelo e ofrecer os seus mini concertos. Unha anovadora iniciativa incluída no proxecto “Musiqueando”, co que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino que dirixe Ana Novo.
05-04-2019 -

O Concello inaugura este domingo en Maniños a exposición “I Ruta Indiana”

Continúan os actos da programación “Vén a Fene 2019” que promove o Concello xunto ao tecido asociativo. Este domingo 7 de abril, a partir das 11,30 horas, o local social da SCRD O Pote acollerá a inauguración da exposición “I Ruta Indiana”. Nesta liña, o concelleiro de área, Juan José Franco, apunta que a entrada é libre e gratuíta e convida á veciñanza a secundar a cita.

A mostra recolle unha selección de imaxes fotográficas da actividade, realizada o pasado ano, e a partir do domingo poderá visitarse en horario de 11 a 14 e de 18 a 20 horas, de luns a domingo (agás os mércores) durante os meses de abril e maio.
04-04-2019 -

O Concello convida á veciñanza á presentación do VI Encontro de Lavandeiras

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá de que o local social da SCRD Agarimo de Sillobre será escenario este sábado 6 de abril do acto de presentación da sexta edición do Encontro de Lavandeiras. Un acto que principiará ás 11 horas, presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, incluído no programa “Ven a Fene. Ven a Sillobre” e con entrada libre.
03-04-2019 -

O Concello adquire un vehículo de atestados e con oficina móbil para a Policía

 A Policía Local de Fene contará cun novo vehículo de atestados e oficina móbil. A concelleira de Facenda, Rocío Bértoa, informou esta mañá da adxudicación do contrato para a súa adquisición por un importe de 46.627,57 euros. Na práctica, este vehículo permitirá ós axentes elaborar in situ os atestados, ofrecendo unha mellor atención á veciñanza e facilitará o traballo que realizan a pé de rúa, axilizando a tramitación.
02-04-2019 -

O Concello de Fene procede á reparación da ponte sobre o río Belelle

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento da ponte sobre o río Belelle. Unha infraestrutura de chapa de ferro que se atopaba en moi avanzado estado de deterioro pola falla de labores de conservación nos últimos tres anos, derivando así en graves desperfectos, especialmente nas varandillas. Trátase dunha ponte moi utilizada polos pescadores e clubes de ciclismo de montaña, así como polos propietarios de fincas do entorno e camiñantes nas fins de semana –este espazo era onde antigamente se celebraba a Romaría do Belelle.
01-04-2019 -

Pésame en Fene polo falecemento dos irmáns Vieito Lata

A corporación municipal de Fene quere trasladar o seu máis sentido pésame á familia de Abelardo José e Luis Angel Vieito Lata, irmáns veciños do municipio, que perderon a vida nun tráxico accidente en augas de Ferrol cando ían pescar. Así mesmo, amosa a súa consternación polas circunstancias e traslada o seu cariño nestes momentos tan duros.