Novas

18-09-2026 -

ADEGA inaugura en Fene a exposición “50 anos coidando a terra” e fai balance das loitas ambientais na comarca

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) inaugurou este venres, 18 de setembro, en Fene a exposición "50 anos coidando a Terra", unha mostra itinerante coa que a organización percorre cinco décadas de ecoloxismo galego e das loitas ambientais nas que participou ao longo deste tempo.

O acto, celebrado na praza do alcalde Ramón José Souto González, foi conducido por Antón Muñiz, membro da directiva de ADEGA-Ferrolterra, e contou coa participación da alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e a presenza de colectivos compañeiros de loitas como a Asociación Etnográfica da Natureza de Maniños (AEDNA). A mostra, que chega a Fene grazas ao apoio do concello, poderá visitarse nesta praza ata o vindeiro 29 de setembro. 






18-09-2026 -

Fene ultima os preparativos para unha nova edición do Fene Rock

O barrio de San Valentín prepárase para vivir desde esta noite unha nova edición do Fene Rock, unha das citas musicais máis consolidadas do municipio. A alcaldesa, Sandra Permuy, e o concelleiro de servizos, Adán Chao, achegáronse nas últimas horas ao recinto para avaliar xunto coa organización o desenvolvemento da montaxe e ultimar a coordinación dos medios municipais necesarios para a celebración do festival.
O Concello de Fene mantén un ano máis unha estreita colaboración coa organización, tanto a través dunha subvención nominativa de 11.000 euros como do apoio loxístico necesario para facer posible un evento destas características. A implicación municipal inclúe a colaboración do persoal da área de servizos, medios materiais e tarefas de limpeza e acondicionamento do recinto antes, durante e despois da celebración.
18-09-2026 -

Horarios tempada 2026/2027 nos pavillóns municipais

Unha vez rematado o prazo de solicitudes para  esquipos Federados inscritos no rexistro municipal de entidades de Fene, a Concellería de Deportes publica os horarios concedidos nos pavillóns da Xunqueira e O Ramo para a tempada 2026/2027.

A partir do luns 21 de setembro e até o día 26 os equipos, clubs de fóra de Fene e particulares poden solicitar as horas libres que quedaron. Para isto deberán cubrir as follas de solicitude achegadas e entregala por rexistro (tanto presencial como telemático) nos prazos previstos.
17-09-2026 -

A compañía portuguesa Histeroscopio Teatro actúa este venres en Sillobre no marco do VIII Festival Internacional de Entes Animados

O certame, organizado pola Asociación Cultural Titerario coa colaboración dos concellos de Fene, Ares, Ferrol, Miño, Narón, Neda e Valdoviño, xunto coas asociacións Canido AC (Ferrol) e AC Apelón Educación (Mugardos) programa dúas funcións no Concello de Fene. A primeira será este venres,18 de setembro, ás 20.00 horas no local da SCRD Agarimo de Sillobre e terá como protagonista á compañía Histeroscopio Teatro (Portugal) co espectáculo “A galiña dos pitinhos de ouro”. Logo desta cita, o venres 25 de setembro, o Festival Internacional de Entes Animados trasladarase ao local da AVV Santa Eulalia de Limodre (20.00 horas), coa función de teatro de sombras con música de “O burro errante” da compañía Habid e Valeria de Brasil.
17-09-2026 -

O Concello de Fene aposta pola compostaxe doméstica coa entrega de 35 novos composteiros á veciñanza

O Concello de Fene pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 35 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio. Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, destacou que esta iniciativa “permítenos seguir avanzando cara a un modelo máis responsable e sustentable na xestión dos residuos, pero facéndoo ademais coa implicación directa da veciñanza”. Permuy incidiu en que “reducir a cantidade de residuos que chegan aos colectores ten beneficios ambientais, pero tamén económicos, polo que cada pequeno cambio que introducimos nos nosos fogares acaba repercutindo positivamente no conxunto do municipio”.
17-09-2026 -

Fene acollerá unha das xornadas Cultura para todas, acceso e inclusión nas actividades culturais, da Deputación da Coruña

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos encontros sobre accesibilidade cultural que a Área de Cultura da Deputación da Coruña organiza neste mes de setembro en catro concellos da provincia: Fene, Muros, Ordes e Arzúa. A cita en Fene será o martes 29 de setembro, de 16.00 a 20.00 horas, na Casa da Cultura e, baixo un enfoque práctico e útil, terá como obxectivo coñecer medidas concretas, reais e posibles de accesibilidade na nosa acción cultural. Para anotarse, cómpre enviar un correo electrónico ao Departamento de Cultura do Concello de Fene, indicando o nome e apelidos, correo electrónico, código postal e área profesional; ou cubrir o seguinte formulario de INSCRICIÓN.
Baixo o título Cultura para todas: acceso e inclusión nas actividades culturais, a xornada incluirá mesas específicas con intervencións impartidas por profesionais con ampla experiencia na materia como: Rubén Capelán, Fran Carreira e Aitana García.
16-09-2026 -

O Concello de Fene solicita unha reunión coa Xunta ante o agravamento dos problemas no transporte interurbano

O Concello de Fene vén de solicitar unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade ante o agravamento dos problemas que presenta o servizo de transporte interurbano por estrada coa volta ao curso académico.
O goberno municipal denuncia que, un ano máis, se están a repetir incidencias como retrasos continuados, expedicións que non chegan a realizarse ou autobuses que completan a súa capacidade e deixan persoas usuarias nas paradas sen poder acceder ao servizo. Unha situación que afecta especialmente ás fins de semana e que se ve agravada nestas datas polo incremento de estudantes que se desprazan cara á Coruña e Santiago.
15-09-2026 -

A alcaldesa de Fene inaugurou este luns na Casa da Cultura o curso de formación en competencias dixitais para maiores de 55 anos

Catorce persoas participan desde este luns en Fene nun curso básico de formación en competencias dixitais co obxectivo de impulsar a súa autonomía no manexo de ordenadores, móbiles e redes sociais. A alcaldesa do Concello de Fene, Alejandra Permuy, foi a encargada de dar a benvida aos participantes, inaugurando esta formación que é froito da colaboración entre o Concello de Fene e a fundación Cibervoluntarios.
Trátase dun curso básico no que as persoas participantes aprenderán a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, iniciaranse no emprego de redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura; comunicaranse por videochamada e descubrirán plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.
14-09-2026 -

O Museo do Humor Xaquín Marín rende homenaxe aos Caricaturistas de Profesión cun faladoiro e unha mostra que abre ao público este venres

A exposición Caricaturistas de Profesión, producida polo Museo do Humor Xaquín Marín-Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Xunta de Galicia, amosará en Fene a obra de dez reputados caricaturistas de prensa contemporáneos como son: Agustín Sciammarella, Carlos Rodríguez Casado, David García Vivancos, Ernesto Priego, Iván Mata, María Picassó, Matías Tolsá, Raúl, Thorsten Rienth e Turcios. Comisariada polo gañador do Premio Curuxa Caricatura 2024, Iván Mata, a mostra compila cincuenta obras, a razón de cinco por participante, baixo a premisa de seren “as que considera cada artista que mellor definen a súa arte ou son significativas na súa traxectoria artística”.
A exposición de caricaturas inaugúrase este venres 18 de setembro, ás 19.00 horas, cun faladoiro no que tomarán parte catro dos participantes, entre os que se atopa o propio Iván Mata, Ernesto Priego, e os gañadores do Premios Curuxa Caricatura 2025 e 2026, David García Vivancos e Matías Tolsà.
11-09-2026 -

Fene acollerá dúas funcións do Festival Internacional de Entes Animados que se celebrará nos vindeiros días en distintos concellos da bisbarra

Sete compañías procedentes de Reino Unido, Dinamarca, Portugal, Brasil, Arxentina e Galicia achegaranse até os concellos de Fene, Ares, Ferrol, Miño, Narón, Neda e Valdoviño, xunto coas asociacións Canido AC (Ferrol) e AC Apelón Educación (Mugardos) para presentar os seus espectáculos, no marco do VIII Festival Internacional Entes Animados que se celebrará do 12 ao 27 de setembro. O director artístico e membro da Asociación Cultural Titerario, Plamen Dipchikov e unha representación dos Concellos e entidades participantes, entre os que se atopaba a concelleira fenesa Ángeles Coira, presentaron o certame este xoves na Casa da Cultura de Neda.
As representacións desenvolveranse en centros cívicos sociais da zona rural e colexios entre o venres 12 e o 28 de setembro. Trátase de obras de pequeno e mediano formato a cargo de compañías tanto nacionais como internacionais, premiadas por especialistas e recoñecidas polo público.