O Concello de Fene, a través da Concellería de Ensino, conmemorará ao longo desta semana o Día da Árbore promovendo diversas plantacións nos centros educativos da localidade e outros espazos públicos. Onte pola mañá inaugurábase o calendario no CEIP Plurilingüe Os Casais e no CEIP Plurilingüe O Ramo. Ata alí acudía a edil de área, Ana Novo, para asistir a sendas plantacións por parte do alumnado dos coles. No primeiro caso, nenos e nenas plantaban unha moreira blanca, xa que dá unha follas moi apreciadas polos gusanos de seda que, segundo comentaron, habitan na zona. No segundo caso, optaban por unha cerdeira, unha árbore frutal moi vistosa cando florece.