Novas

31-05-2019 -

Maniños acollerá o I VinchOPote, unha cita gastronómica para nenos e maiores con concertos, baile, xogos e deporte

O salón de plenos da consistorial acollía a presentación oficial da cita, que se celebrará o 8 de xuño organizada conxuntamente pola comisión de festas, a SCRD O Pote e máis a cantina da entidade
30-05-2019 -

A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas

A partir deste sábado, por espazo de catro meses, atenderá ao público de martes a sábado en horario de mañá –de 9 a 13,30 horas- e tarde –de 17 a 20 horas- Fene, 30 de maio de 2019. O Concello de Fene abrirá este sábado, 1 de xuño, as portas da Oficina Municipal de Turismo. O horario previsto é de mañá (entre as 9 e as 13,30 horas) e tarde (entre as 17 e as 20 horas), de martes a sábado.
29-05-2019 -

Aberta a inscrición nos encontros de mulleres do Proxecto INDIRA

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, poñerá en marcha do 4 de xuño ao 13 de agosto o Proxecto INDIRA, Encontros de Mulleres. Unha actividade enmarcada no Programa de Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero. Celebrarase todos os martes, de 10,30 a 12,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avenida do Mar, Bloque 1-Baixo).
28-05-2019 -

Clube Atletismo, terceiro clasificado por equipos no Campionato Galego de Media Maratón.

O Clube Atletismo Fene, terceiro clasificado por equipos no Campionato Galego de Media Maratón celebrado  o pasado sábado con saída no concello de Ortigueira e chegada no concello de Cariño, celebrado conxuntamente co Campionato de España Máster.
27-05-2019 -

Eleccións municipais 2019

Cunha participación do 61,60%, os resultados provisionais publicados das eleccións locais en Fene son:
O PP sumou 2.2304 votos e o 33,80%
O BNG acadou 2.233 votos e o 32,76%.
O PSdeG-PSOE acadou 1.596 votos e o 23,42%.
EU obtivo 445 e o 6,53%
Último/a concelleiro/a electo: Bloque Nacionalista Galego
Candidatura máis próxima a obter o último concelleiro/a: PSdeG-PSOE a 265 votos
Fonte: Ministerio de Interior. Ver Aquí
 
24-05-2019 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Perlío e Maniños o 1 de xuño

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase o vindeiro 1 de xuño a Perlío e Maniños. Así, en Perlío estará na praza da Escola –diante da Asociación de Veciños- de 10 a 12 horas, namentras que en Maniños estará diante da entidade bancaria de 12,30 a 15 horas. Dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.
22-05-2019 -

Preto de 600 estudantes tomarán parte nas Xornadas de Xogos Populares Escolares

Preto de 600 nenos e nenas dos centros educativos de Fene tomarán parte este xoves e venres, 23 e 24 de maio, nas Xornadas de Xogos Populares Escolares. Así, na xornada de mañá participará o estudantado do CPI A Xunqueira e do CEIP Centieiras, namentras que o venres fará o propio o do Colexio Jorge Juan, CEIP O Ramo e CEIP Os Casais.
16-05-2019 -

Fene conmemora o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”

Fene conmemorará o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”, a cargo de Las niñas de la risa. Terá lugar este sábado, 18 de maio, ás 20 horas, no Museo do Humor. A entrada é libre ata completar aforo e a cita, que organiza o Concello, conta coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.
16-05-2019 -

Aberta a inscrición no obradoiro “A convivencia cos fillos e fillas: modelos educativos, normas e límites”

O Concello de Fene organiza o obradoiro “A convivencia cos fillos e fillas: modelos educativos, normas e límites”. Será o vindeiro xoves 23 de maio, de 17 a 18,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais e, aínda que a participación é gratuíta, é preciso inscribirse previamente cumprimentando unha folla de inscrición e entregándoa antes do 21 de maio no centro de ensino, ANPA ou no propio Centro Municipal de Servizos Sociais. As prazas están limitadas a 25 e requírese un mínimo de 10 persoas anotadas.
 
15-05-2019 -

A Casa da Cultura alberga a mostra do alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul “Pequenas crianzas coa arte”

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene inaugurará mañá xoves unha mostra moi especial baixo o título "Pequenas crianzas coa arte", do alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul do municipio. Permanecerá ata o 30 de maio nas instalacións culturais e o horario de visitas será de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. Así mesmo, o xoves 23 de maio, todo o alumnado da Escola Infantil realizará unha visita á exposición da Casa da Cultura e á biblioteca. Será en horario de mañá.