Experimentar. Esa foi a máxima que guiou ós cociñeiros e cociñeiras dos trece establecementos hostaleiros de Fene que, a partir deste venres, ofrecerán as súas máis innovadoras creacións culinarias no marco do certame Fene, un Mar de Tapas. O evento foi presentado esta mañá en rolda de prensa polo alcalde, Gumersindo Galego; o concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco; o presidente da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro, Juan Ramos Reigosa, e o coordinador do certame, Manel Pan. Xunto a eles, unha nutrida representación dos establecementos participantes no concurso, que se inclúe no programa Fene Vivo Ven a Fene.