O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello levará a cabo mañá venres as obras de acondicionamento da área de estacionamento de San Valentín, emprazada xunto ó CPI A Xunqueira, no entorno do paseo marítimo. Así, e co ánimo de causar as mínimas molestias posibles, o rexidor avanza que se estima que os traballos estén concluídos a última hora da tarde. A actuación pretende dar resposta ó avanzado estado de deterioro do aparcadoiro, plagado de fochancas que dificultan o tránsito e mesmo o estacionamento.